BENVID@


Ourense foi posiblemente bautizada polos romanos como a cidade do Ouro (Auriense) debido á presencia deste metal no cauce do río Miño. Nembargantes temos que lembrar que o val de Ourense xa estaba habitado na época castreña (asentamientos do Castro de Oira, San Tomé e Valdegola así como o asentamento orixinario nas proximidades de As Burgas)

O nome da cidade tamén pode ter a súa orixe no latín aquae urente («aguas abrasadoras»), ou mesmo no xermánico warm see(«lago quente »), referido ás Burgas que xurden a temperaturas entre  os 60 e os 100º.
(Aparte destas fontes termais, hai mais repartidas por toda a cidade. )

 


Ourense mantivo a súa importancia estratéxica debido á ponte sobre o río Miño que aínda conserva os seus pilares romanos ainda que xa foi reconstruída en múltiples ocasións ó longo da súa historia. Esta circunstancia fixo de Ourense un importante núcleo comercial desde a Idade Media e favoreceu o seu crecimiento unha vez chegado o século XX. A construcción da estrada nacional Villacastín–Vigo no ano 1860 e as novas liñas do ferrocarril estimularon o crecimiento da cidade e do casco urbán construíndose unha nokva ponte e xurdindo novos bairros ó reu arredor.

Si ben se supón que o núcleo orixinario da cidade constituiuse nos arredores das Burgas, concretamente na ribeira esquerda, a poboación da ribeira dereita asentouse coa chegada do ferrocarril a finais do século XIX e pertencendo a Ponte Canedo que foi absorbido no século XX polo municipio de Ourense..

 
A principios do século XIX, Ourense era unha pequeña cidade poboada fundamentalmente por fidalgos, artesáns e relixiosos entre os que destacaba o Cardenal Quevedo. A designación de Ourense como capital provincial ocasiona a aparición dunha nova clase funcionarial. Posteriormente a chegada do ferrocarril desde Vigo dá un pulo definitivo á cidade que verá consolidada a nova clase burguesa formada fundamentalmente por emigrantes orixinarios de Castela como os De las Cuevas, Pérez, Romero ou Villanueva que dominarán o panorama político e económico da cidade ata ben entrado o século XX

O desenrolo da cidade, marcado pola chegada do ferrocarril e a construcción da estrada Villacastín–Vigo convirte a Ourense nunha cidade eminentemente comercial e administrativa.Unha vez rematada a Guerra Civil a grande cantidade de emigrantes saídos da provincia, deu un importante pulo o sector da construcción e xenerou tamén un importante crecimiento demográfico. Cabe lembrar daquelas datas a unión que xa mencionamos co municipio da Ponte Canedo situada na marxe dereita do niño , o remate do ferrocarril Madrid–Zamora–Orense–Vigo e o xurdir de novos bairros.

Actualmente a cidade de Orense é un importante nudo de comunicación no que confluen coa autovía Rias Baixas e a Autopista a Santiago as catro  estradas nacionais e a liña do ferrocarril co seu epicentro na estación Orense–Empalme, a máis importante de Galicia e desde a que se controla o tráfico ferroviario do noroeste da Península.

Na actualidade Ourense sigue a ser o centro neurálxico e económico da provincia e posúe un forte sector comercial. A súa economía está baseada maioritariamente no sector servicios e promove e apoia o asentamento industrial en chan de nova xeración co obxectivo de favorecer a creación de emprego.

É a terceira cidade de Galicia por poboación (107.000 habitantes)

 

  Queres saber máis de OURENSE?
Axudámoste por email.

info@ourense-galicia.com
 

Voltar

 
 
  
 
 
 
 
 

Copyright   ©  ourense-galicia.com